Narón abonou a Ferrol 1,19M€ do servizo de depuración de xuño de 2018 a decembro de 2019

O Concello de Narón abonou hoxe a Ferrol unha partida de 1.194.652 euros correspondente ao servizo de depuración do período de xuño de 2018 a decembro de 2019

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou que “a vontade de Narón de pagar amósase con feitos, e ningún máis claro que o de hoxe, que aprobamos no pleno o recoñecemento de obrigas procedentes de exercicios anteriores derivadas dos gastos dese servizo e no mesmo día materializamos o pago”. O punto aprobouse no último pleno do ano cos votos favorables de TEGA, PSOE e BNG e a abstención dos edís do PP.

Neste mesmo punto rexeitouse o abono da contía de 139.725 euros liquidada polo Concello de Ferrol e correspondente ao período comprendido entre abril 2017 e maio de 2018 por non xustificar debidamente a súa exacción. A maiores, tal e como consta no documento, rexeitase a pretensión de Ferrol de realizar unilateralmente calquera variación nas porcentaxes establecidas para os custos imputables a cada un dos concellos. Estas variacións, indican “requerirán o acordo unánime de ambas administracións municipais”.

Así mesmo, aprobouse neste punto propoñer ao Concello de Ferrol “a inmediata constitución dunha comisión de estudo integrada polos representantes políticos, funcionariais, persoal das respectivas empresas mixtas… que designen ambos concellos e tamén persoal da Deputación da Coruña para elaborar un estudo de custes obxectivo deste servizo”.

A corporación local aprobou por unanimidade o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Narón para continuar desenvolvendo na cidade o programa “Xantar na casa” durante os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 para un máximo de 32 beneficiarios. O importe establecido para cada unha destas anualidades é de 23.366 euros e, tal e como se establece nunha das cláusulas do convenio, “o grupo máximo de persoas beneficiarias do programa poderá ser modificado por acordo das partes”.

Na sesión plenaria o Concello anulou, coa abstención do PP e o voto en contra do BNG, o acordo de adxudicación do contrato do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza viaria adoptado polo pleno o pasado 29 de outubro e acordou retrotraer o procedemento ao momento da valoración do sobre que contén os criterios avaliables mediante xuízo de valor. A medida responde ao feito de dar cumprimento á resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, que aceptou o recurso presentado pola empresa Urbaser sobre a oferta presentada no seu día pola empresa Acciona, co que a oferta desta última quedará excluída do procedemento, tal e como indicou o portavoz de TEGA, Román Romero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.