Novo céspede para os campos de fútbol da Torre

A Xunta de Goberno Local do Concello de A Coruña aprobou esta mañá o proxecto de rehabilitación dos campos de fútbol da Torre

O proxecto, cun presuposto de 988.980,36 euros, inclúe a instalación dun sistema de rega automática e o cambio do céspede artificial dos campos de fútbol 2, 3, 4 e 5. No campo 2, instalarase un céspede homologado que permitirá practicar fútbol e rugby. Deste xeito, daráselles resposta ás demandas dos clubs de rugby da cidade, que demandan unhas instalacións adecuadas para a práctica deste deporte. As obras licitaranse no vindeiro ano coa idea de que, unha vez que finalicen as actividades deportivas en maio, se poidan acometer os traballos. O prazo de execución é de 4 meses.

A alcaldesa, Inés Rey, mostrou a súa satisfacción pola posta en marcha dunha actuación que responde a un dos primeiros compromisos do Goberno local ao chegar a María Pita e que supón “a mellora dunhas instalacións que simbolizan o deporte da nosa cidade”.

Rey lembra que esta actuación súmase á construción en Eirís do novo campo de fútbol de herba artificial, vestiarios e peche perimetral. Asumirá os traballos a empresa Arias Hermanos por un importe de 1.077.062 euros. O prazo de execución das obras é de oito meses, polo que o novo terreo de xogo estará rematado no verán do 2021. Neste senso, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, apuntou que tamén se está a traballar no proxecto da cuberta do campo de fútbol de San Pedro de Visma, tal e como anunciou hai poucas semanas ante os clubs da cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.