O BNG apresenta un rogo para o Goberno local garantir a apertura dos aseos en todos os mercados municipais de A Coruña

Os aseos permanecen fechados en algúns mercados municipais, segundo puido saber o grupo municipal do BNG, en concreto, e como mínimo, esta situación estase a dar nos de Santo Agostiño e As Conchiñas

O peche dos aseos nos mercados municipais coincidiu durante un tempo co período en que estiveron cerrados os establecementos hostaleiros, “dificultando aínda máis que as persoas usuarias dos mercados puidesen acceder a un aseo”, afirma Francisco Jorquera, voceiro do BNG, autor dun rogo escrito ao Goberno Local para que tome medidas que garantan a apertura dos baños nestes locais públicos.

“A existencia de aseos é un servizo básico para as persoas que traballan nos mercados e os numerosos cidadáns que acoden a eles a mercar, garantindo, por suposto, as súas condicións hixiénicas, máis necesarias aínda no actual contexto de crise sanitaria”, afirma Jorquera nesta iniciativa.

O teor literal deste rogo é o seguinte: “Que o Goberno Municipal dea as instrucións oportunas para asegurar a apertura dos aseos nos mercados municipais”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.