O Calvo Xiria lévase o derbi

Fin de semana inmellorable para o Calvo Xiria; que conseguiu impoñerse ao Oar Coruña a domicilio e aproveitou o tropezo do Lanzarote en Bueu, para gozar no parón de Nadal como líder do grupo A

O derbi, presentounos unha primeira metade marcada polas defensas. Un marcador con algarismos baixos (8-11); onde á solvencia defensiva do Calvo Xiria sumábanselle as intervencións de Iago e o bo balance defensivo; incluso xogando ata en dúas ocasións en inferioridade numérica. De non ser por algúns erros individuais, o Calvo Xiria podería irse cunha maior vantaxe.

Nos segundos 30 minutos; o Calvo Xiria seguía con defensa 6:0 comandada por Aaron e *Álex desde os centrais en colaboración cos seus compañeiros. O traballo colectivo de todos raiou a gran altura. Mario Cancela marcaría os dous primeiros goles dun parcial de 2-9 que nin un tempo morto de Pablo Aguirregabiria puido frear. A falta de 20 minutos o partido estaba visto para sentenza; e un erro do Oar nos cambios poñía en superioridade numérica ao Xiria, que mantivo o seu ritmo de xogo ata o final do partido.

Os novos valores do Xiria destacaron nun partido, ben arroupados polos xogadores máis expertos. O equipo crece co paso das semanas e agora terá un pequeno parón antes de retomar os adestramentos, para enfrontarse coas máximas garantías a 5 meses longos de competición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.