O Concello de A Coruña organizará campamentos de Nadal para os nenos de entre 4 e 12 anos

Baixo a temática “Salvemos o Nadal”, as e os participantes desfrutarán de xogos, actividades lúdicas, artísticas e musicais e practicarán a lingua inglesa durante as xornadas do 23, 28, 29 e 30 de decembro e mais o 4, 5 e 7 de xaneiro

O Concello organizará campamentos de Nadal para nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016 nos centros cívicos e veciñais do Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Os Rosales, A Silva, Labañou, Palavea, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Feáns, Novoboandanza e Santa Margarida.

Baixo a temática “Salvemos o Nadal”, a rapazada desfrutará os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e mais o 4, 5 e 7 de xaneiro de xogos, actividades lúdicas, artísticas, musicais, etc., e practicará a lingua inglesa. Terán lugar das 10.00 ás 14.00 horas ou das 09.00 ás 14.30 horas en modalidade de horario ampliado.

Ofertaranse un total de 210 prazas divididas en grupos dun máximo de seis nenas/nenos e reservaranse prazas para cativas/os con necesidades educativas especiais. As familias interesadas poderán apuntar ás crianzas na páxina web www.coruna.gal/servizossociais ou no teléfono 010 os días 10, 11 e 12 de decembro, das 11.00 ás 13.30 horas e das 17.00 ás 20.00 horas. O sorteo será o día 14, ás 12.00 horas no centro cívico de Monelos. Poderanse consultar as listaxes  a partir do 17 nos centros cívicos, chamando ao 010 ou na web municipal. O período de inscrición abrirase do 18 ao 20 de decembro e haberá unha lista de reserva que se activará en caso de que as persoas admitidas non aboen a cota durante eses días.

Foto: coruna.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.