O Concello de Vigo afirma que se está a limpar os cinco estanques de Navia

Despois da información publicada este domingo sobre os estanques de Navia, desde o Concello de Vigo aclaran que a empresa concesionaria do mantemento das zonas verdes está a limpar os cinco estanques e facendo seguimento puntual do avance dos traballos, sen incorrer en ningún deixamento de funcións nin poñer en risco aos peixes

Dende o concello afirman que ata o momento xa foron reparados catro con absoluta normalidade. Co mesmo procedemento, o quinto estanque está actualmente en fase de limpeza, para o que é preciso rebaixar o caudal de auga, mais neste caso quedou con menos volume do previsto, ante o que a propia empresa, no seguimento que viña realizando, decidiu incrementar o caudal. Non obstante, creen que a cantidade de auga anterior non poñía en risco aos peixes, segundo informa a empresa, tamen recoñecen non ter aviso algún desta situación por parte da Asociación de Veciños.

A actuación de limpeza e mantemento está en todo momento planificada. A empresa está a facer un seguimento constante da situación dos pozos, o quinto quedará listo en próximos días e os peixes volverán a ocupar os cinco estanques unha vez finalice a limpeza. Con todo isto quedarán concluídos os traballos, que o Concello tiña planificados dentro das tarefas de mantemento das instalacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.