O escritor X. Ricardo Losada gaña o Torrente Ballester da Deputación cunha obra sobre a relación de Manuel María e a súa nai

A novela «O rosario e a buguina» recrea os últimos meses do poeta e o conflito relixioso coa nai

O escritor e profesor de Rianxo, X. Riardo Losada, é o gañador do XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega coa súa obra coa novela «O rosario e a buguina» na que recrea os últimos meses de vida do poeta Manuel Antonio e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos. O destacou a creación dos personaxes e a escrita coidada da obra.

«O rosario e a buguina» de X. Ricardo Losada Vicente foi a obra escollida polo xurado como gañadora do xXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega composto polos gañadores da edición anterior Álex Alonso e Antón Riveiro Coello , a xornalista Susana Pedreira e as escritoras Inma Otero e Beatriz Maceda e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto e a xefa de servizo de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Fernández Albalat. como secretaria. O premio está valorado en 6.500 € máis a publicación da obra gañadora.

O xurado destacou a potencia da historia que narra os últimos meses da vida de Manuel Antonio e o conflito suscitado coa súa nai na casa de Rianxo por motivos relixiosos e, de maneira especial, polo xeito de se enfrontar á morte próxima. «A novela constrúe a trama coa alternancia de voces pola que a historia se relata desde a nai ou desde o propio Manuel Antonio cunha eficaz construción de personaxes e unha escrita coidada», destacou o xurado que sinalou tamén que a obra leva a reflexionar sobre a incomprensión da figura do artista no ámbito familiar.

X.Ricardo Losada recrea na súa novela o final da biografía de Manuel Antonio cando, gravemente enfermo, regresa a Rianxo desde Cádiz para refuxiarse neste tempo final na casa familiar. «Sempre tiveran unha relación moi tirante, con amor, si, mais tamén con enfrontamento, e neste caso o conflito relixioso acentúase de maneira especial pola vontade dela de que o poeta reciba a extremaunción e a negativa del a aceptalo», explica o autor dunha novela que convida á reflexión sobre a vida, a liberdade e a morte.

Con anterioridade, o escritor asinou tamén unha obra, neste caso de ensaio e investigación, sobre a figura de Manuel Antonio que agora ficciona na novela gañadora.

O autor é profesor de Filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo e publicou cinco libros, «O xente da chuvia» (Edicións do Castro), «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo» (Xerais Edicións) «Bótame deste mar fóra» (Toxosoutos), «Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego» (Editorial Galaxia) e «A casa xunto ao volcán» (Editorial Galaxia), galardoada co II Premio Viadutos 2019.

En anteriores edicións, os gañadores do Premio Torrente foron Antón Riveiro Coello con «O paraíso dos inocentes» e Alex Alonso con «Granito» en 2019;  Xabier López con «900» no 2018; Manuel Piñeiro con «A través do fume» en 2017 e Eli Ríos con «Luns» en 2016, ano en que iniciou a súa andaina a modalidade do Torrente Ballester para lingua galega. Con anterioridade, Carlos Reigosa, Xesús Constela, Xosé Vázquez Pintor, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Rivas e Víctor F. Freixanes foron os autores en lingua galega que se fixeran co premio Torrente Ballester que iniciou a súa andaina en 1989 como convocatoria literaria á que se podían presentar obras en galego e español.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.