O Museo de Lugo completa a renovacion da sección de gravado coas melloras da sala Prieto Nespereira

O Museo Provincial de Lugo acometeu unha  remodelación da sala monográfica dedicada ao gravador Julio Prieto  Nespereira. O departamento de Belas Artes e Restauración encargouse dos  traballos, que consistiron na substitución do enmarcado e na revisión do  estado de conservación dos 19 gravados e a escultura do artista que se  expoñen na sala

Esta actuación completa a remodelación da sección de gravado do museo,  tras os traballos efectuados coas coleccións de Castelao e Castro Gil.

Concluíu así o reenmarcado de todas as obras expostas e o seu  acondicionamento con materiais específicos como carpetas de conservación, vidros antirreflectantes con protección UV e  transparentes, marcos e molduras axeitados á normativa museográfica para  garantir a conservación preventiva destes bens. Ademais, o departamento  de Restauración supervisou e actuou nas obras que precisaban algunha  intervención.

Colección Julio Prieto Nespereira

A sala Julio Prieto Nespereira acolle dezanove gravados realizados coa  técnica do augaforte e unha escultura, obras que o artista doou ao Museo  Provincial de 1981. A partir deste ingreso acondicionouse un espazo  monográfico que no ano 2010 foi reubicado no primeiro andar do museo  creándose a sección de debuxo e gravado galego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.