O palco de música de San Benito de Arbo recupera a súa estética

As obras foron financiadas pola Deputación de Pontevedra, polo Obispado de Tui e polo Concello de Arbo

O Palco de San Benito, atopase nun lugar privilexiado, no entorno da Igrexa de Santa María de Arbo, uns dos altos do concelo do municipio arbense, desde donde podemos disfrutar das vistas de parte do territorio de Arbo e a Vila veciña Melgaço-Portugal

As obras tiveron como obxectivo principal a restauración do referido palco, para devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estean afectados por algunha patoloxía e sexan recuperables, substituíndoos en caso necesario por outros de igual deseño que os orixinais, e sobre todo eliminando os engadidos ou transformacións sufridas que desvirtúan a súa imaxe, para garantir a súa durabilidade e mantemento.

As actuacións, centráronse sobre todo na parte máis dañada, que se atopaba totalmente atacada pola corrosión, polo que foi necesaria a retirada completa para a súa posterior restauración, seguindo o esquema da sustentación orixinal.

O importe das obras ascenderon a 10.151,30 €.- que financiadas  coa achega da Deputación de Pontevedra que concedeu ao Concello de Arbo unha subvención por importe de 4.031,77, así como pola Diocese de Tui-Vigo dacordo o convenio asinado o día 28.09.2020 onde esta última se compromete a colaboración no financiamento da actuación no importe de 3.500,00 euros e o concello que achegaou dos propios fondos municipais 2.619,53 euros, e foi unha empresa local a encargada das obras de restauración e mellora do entorno do Palco de San Benito, na parroquia de Arbo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.