“O rural de todas” da área de Igualdade da Deputación da Coruña visibiliza o papel das mulleres

A deputada de Igualdade, María Muíño, participou xunto coas protagonistas e representantes de cinco concellos na presentación en liña do documental

A deputada de Igualdade, María Muíño, xunto con representantes dos concellos de Muxía, Ortigueira, Teo, Aranga e A Pobra e as protagonistas do documental participaron na presentación en liña do documental “O rural é de todas” que ten como obxectivo visibilizar o papel das mulleres no mundo rural.

“O relato da vida do rural pasa por ter en conta ás mulleres e tamén a súa diversidade, os seus soños, as súas metas… para garantir un rural vivo e dinámico, con futuro e con opcións para vivir e traballar”, sinalou a deputada de Igualdade, María Muíño na presentación que se desenvolveu de maneira dixital desde a páxina de youtube da Deputación da Coruña onde se pode ver o documental completo no que participaron un total de 45 persoas.

No acto participaron, ademais da deputada de Igualdade e algunhas das protagonistas do documental, as concelleiras de igualdade de Muxía, Olalla Benlloch; de Teo, María López; da Pobra do Caramiñal, Rosario Varela,o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad ademais da axente de emprego do concello de Aranga, Pilar Laxe.

O proxecto “O rural de todas” ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres do rural a través de historias e experiencias diversas que axudan a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.

“O rural de todas” é unha mestura de diferentes perfís e experiencias, onde se xuntan un feixe de mulleres diversas e de distintas xeracións que falan dende o seu sentir, reivindicando e resignificando o papel das mulleres no rural, amosando as realidades dun rural que é o rural de todas.

O documental está producido por Nova Xestión Cultural / Volvemos a Primera

con dirección de Adriana Castro e Pablo Cacheda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.