O sábado día 26, as 17 horas, manifestación contra o peche do colexio de Baamonde

A marcha partirá as 17:00h dende a igrexa de Baamonde, recorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634, onde se fará unha parada, continuará pola anterior estrada ata chegar ao CEIP de Baamonde.
De ser posible, asitir con vestimenta negra (ou escura) e paraugas negros.
Rogamos a cooperación de toda a veciñanza e establecementos de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo como principais damnificados ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o colexio de Baamonde.
Tamén facemos un chamamento o resto de veciñ@s da nosa contorna ante esta medida que atenta contra o rural.
Recordamos manter as distancias de seguridade e sempre permanecer coa máscara posta.