O sábado presentarase en Melide unha nova formación política

Este mes de decembro será unha data para facer historia política, tanto polo lugar Melide pola súa connotación coa historia de Galicia, como pola data no mes conmemorativo do 500 aniversario da Asemblea de Melide

 O sábado 12 do mes 12 ás 12:horas terá lugar na Casa de Cultura de Melide, a presentación dun novo partido político galego.

Este nacemento ben dun parto con duración de nove meses, froito do debate e análise dunha equipa de persoas de arredor de 50 concellos, que estiveron traballando en rede como tocou vivir neste tempo de confinamento.

Un proxecto que vai dar moito que falar e que chega para quedarse, pois está deseñado conforme a idiosincrasia propia do pobo galego; a moderación e o galeguismo son algúns dos eixes principais que se desvelarán este sábado, igual que a Comisión Permanente e a Comisión Xestora que o van conducir ate o Congreso Constituínte que terá lugar nos vindeiros meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.