Paixón verde. Por @DulceCorcu

Non é para nada novo o éxito do Deportivo Liceo na competición de hockey patíns dende aquel 1972 no que nacera, da man de xente con corazón tan deportivista e coruñés coma o de Augusto César Lendoiro, un dos fundadores do que segue a ser o clube más laureado de toda Galicia, con todo tipo de títulos estatais e internacionais, pese á desvantaxe xeográfica que supón pertencer a unha competición onde como visitante está obrigado a longos desprazamentos e a ser o que máis quilómetros recorra con moita diferenza, sendo o único competidor foráneo nunha liga que se desenrola íntegramente en Catalunya. Pese a todo, ocupa o liderado da OK, primeiro na clasificación por enriba dos restantes quince equipos, todos cataláns e que dá idea do poderío dunha comunidade onde a patinaxe é un deporte sumamente competitivo e de calidade.

Subcampións a tempada pasada despois de que a Federación decidise rematar a competición antes de contemplar outras opcións, outorgándolle o título ao Barcelona para descontento do propio Liceo, que mesmo amagou prantexarse a posibilidade de desputar a liga portuguesa, algo que celebraron non poucos afeccionados e seareiros, por máis que finalmente todo quedou como estaba, descartada tamén a competición de dous grupos de oito equipos como se barallaba inicialmente. Dezaséis conxuntos pelexando por un título dos que o Liceo xa posúe sete, engadidos ás nove Copa do Rei, dúas Supercopa de España, seis Copa de Europa, tres Copa CERS, dúas Recopa de Europa, seis Copa Continental e cinco Intercontinental. Un abraiante palmarés que ningún deportista galego ten acadado e nin sequera achegado, pero que enchen as vitrinas verdibrancas dun deporte non sempre tido en conta, pero que hoxe marca o camiño do éxito no eido deportivo do país. A piques de desputarse a eliminatoria da nova edición da Supercopa de España en Lloret de Mar que os enfrontará ao Reus, os liceístas contan con vitola de favoritos, de equipo a bater por historia e polo arrollador estado de graza que levan amosando todo o xogado neste treito ligueiro. Pero independentemente diso cada ano, ademais de títulos, conquistan corazóns que van tinguíndose de verde e convirten o hockey patíns nun deporte que xa seguen milleiros de galegos e galegas, que se ilusionan e viven con paixón os partidos dun equipo que fai patria en cada saída da Coruña. Que atravesa España para que Galicia estea, a golpe de stick, no máis alto dunha elite deportiva que non temos que soñar. O Liceo leva anos facéndoa realidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.