Podemos Galicia: “É unha insensatez pretender que os PGE prexudican a Galicia”

Os Orzamentos do Estado para o 2021 sitúan a Galicia entre os territorios con máis cartos por habitante, medra o investimento nas catro provincias e respostan á demandas da nosa sociedade como a rebaixa da AP9 e a rexeneración das rías

“Históricos, imprescindibles e a traducción contable dun cambio de ciclo político que se desterra o austericidio e os privilexios das elites para fornecer o público como columna vetebral da Galicia futura, poñendo o foco no esencial, no común”.

Podemos Galicia celebra a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021 que veñen de ser aprobados no Congreso co maior respaldo político en 18 años coa  suma dos votos -e das responsabilidades colectivas-de once formacións progresistas e soberanistas “como o mellor antídoto contra a pandemia en Galicia”.

“Chegan para apuntalar un país azoutado pola pandemia que fai forza do público e inviste no que importa, no que é de todos: sanidade, ensino e ciencia, vivenda, dependencia, bolsas, igualdade, mobilidade sostible e vertebración interior”.

Estes orzamentos sitúan a Galicia entre os territorios con máis investimento por habitante: 308 euros por cada galega, por riba da media estatal e por diante de CCAA como Valencia, Madrid, Cataluña ou Euskadi. A inversión ministerial medra un 29% no conxunto do país e os investimentos suben, notablemente, nas catro provincias con porcentaxes moi abultadas: A Coruña (+104%), Lugo, (+54%), Ourense (+32%) e Pontevedra (+48%)  apostando pola mobilidade  a vertebración do interior máis aló do AVE

“É innegable que son  imprescindibles para desfacer o corsé do austericidio, privatizacións e recortes do PP de Montoro. Concitaron o maior consenso político no Congreso no que vai de século poñendo o foco no público cunha unidade de acción da que só se despegaron ás dereitas”, declaran dende a formación.

Desde Podemos Galicia afirman que “é unha insensatez e mesmo un  delirio pretender que estes orzamentos perxudican a Galicia, só polo afán electoralista de desgastar a calquera prezo ao Goberno de coalición; calquera galega e cada galega pode ver e comprobar que se incrementan todas os capítulos chave para darlle un novo pulo ao noso país, ademais das partidas centrais en materia social”.

As chaves dos Orzamentos Xerais do Estado para Galicia 

Ademais da inxente mobilización de recursos públicos para todas as materias que son centrais para fornecer o Estado do Benestar: +3.000 millóns para a Sanidade Pública, reforzo da Atención Primaria e vacina antiCovid-19;  +365% no capítulo de vivenda e un +68% máis dos recursos para dependencia e coidados, +70% para ensino e +80% en ciencia e  I+D+i, os Orzamentos 2021 incorporan varias partidas que son clave para Galicia

É así que cómpre prestar especial atención a partida de 900 millóns ao Primario, o mar e o agro que epicentro produtivo do país, cun 12% máis do que orzamentaba o PP;  os 5.700 millóns no impulso a Industria, a rexeneración das rías, particularmente no Burgo, a suba das pensións e do poder adquisitivo  para preto de 800.000 galegas (o dobre no IPC para as non contributivas), +150% na partida para Pemes, autónomos  e Turismo e rebaixa das peaxes na AP-9.

O abaratamento das peaxes na Autoestrada do Atlántico, arteria viaria pola que discurre o desenvolvemento socioeconómico do país,  é unha medida fondo calado longamente demandada pola sociedade galega e dotada con 55 millóns, que se complementa coa supresión os definitiva dalgúsn tramos e que terá efectos positivos na activación da economía galega.

Podemos Galicia coidan que “é difícil dixerir que unha forza que aspira a mellorar as contas no noso país presente, en primeiro lugar, unha emenda á totalidade que lle pecha as portas a calquera negociación, calcando a estratexia da dereita extrema e da extrema dereita. En segundo lugar, achegar un total de 234 emendas parciais das que máis de 200 eran de corte económico por 1.606 millóns con cargo ao Fondo de Continxencia de Execución Presupuestaria e que  non cumprían cos requisitos legais para ser aprobadas”.

As restantes, emendas ao articulado na Lei pasaban polo incremento do gasto sobre a reducción dos ingresos nun desequilbrio contable disparatado, “máis propagandísticas que realizables

Gobernamos en coalición pensando en Galicia, nos galegos e nas galegas. Estas contas son boas para Galicia e son boas para o conxunto do Estado. Aí están os datos para acreditalo con feitos. Con nós, Galicia conta”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.