Preguntan na Comisión Europea pola falta de avaliación de impacto ambiental na mina de litio Alberta I

Ecoloxistas en Acción traslada a Comisión Europea a intención da Xunta de Galicia de otorgar concesión de explotacións mineiras sen  avaliación de impacto ambiental como sucedeu na tramitación do proxecto de extracción de litio Alberta I en municipios de Ourense e Pontevedra

A Administración autonómica galega decidiu saltarse o procedemento de avaliación de impacto ambiental na concesión da explotación mineira Alberta I, un proxecto que pode causar contaminación por metais e pesados e a presenza de minerais radioactivos, e vén denegando a condición de partes interesadas no mesmo a organizacións ecoloxistas representativas como Ecoloxistas en Acción.

A eurodiputada Sira Rego denuncia ante a Comisión Europea que impedir a comparecencia como parte a colectivos ecoloxistas, como Ecoloxistas en Acción, supón unha vulneración da Convención de Aarhus, a Directiva 4/20034 de participación e acceso a información ambiental, así como da Decisión do Consello 370/20055.

Ecoloxistas en Acción tramitou un Recurso de Alzada contra a resolución de non recoñecemento da condición de interesada no procedemento da concesión de explotación. De non corrixirse está situación a organización ecoloxista acudirá aos tribunais ante o que considera unha malintencionada vulneración da legalidade.

Ecoloxistas en Acción denunciou en agosto deste ano a intención da Xunta de Galicia de outorgar a concesión da explotación e aprobar os proxectos de minería de litio e tántalo nos concellos de Beariz, Avión e Forcarei sen procedemento de evaluación de impacto ambiental cando nesta explotación súbterranea se dan todas e cada unha das circunstancias que obrigan a realizar dita evaluación. A organización ecoloxista galega ademais apercibiu á Xefa do Servizo de Enerxía e Minas e ao Xefe da Sección de Avaliación Ambiental para que rectificaran o seu informe e engadiran a esixencia da realización do procedimento de evaluación de impacto ambiental.

Para Ecoloxistas en Acción resulta incomprensible que o órgano ambiental poida excluir do ámbito obxectivo do trámite de avaliación ambiental un proxecto de minaría subterránea no que, tratándose de filóns de pegmatitas nos que, pola súa paraxénese, é inevitábel a presenza de sulfuros xeradores de augas ácidas de mina.

Desde a organización ecoloxista galega sinala que esta tramitación suspendeuse grazas as denuncias das organizacións ecoloxistas e a mobilización veciñal, polo que agardan que a Xunta de Galicia non volva a intentar tramitar a concesión dunha explotación mineira destas características sen o pertinente estudio de avaliación do impacto ambiental.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.