Premio da Universidade da ONU para un espectáculo de monicreques sobre os impactos da minaria (Vídeo)

Un proxecto galego recoñecido por segundo ano consecutivo como un dos máis innovadores do mundo en educación para a sustentabilidade

A xurado do Instituto para o Estudo Avanzado da Sustentabilidade da Universidade das Nacións Unidas voltou a escoller este ano un proxecto do Centro de Saberes para a Sustentabilidade para outorgar un dos seus galardóns de “Proxecto Insignia Extraordinario” (Outstanding Flagship Project) na 8ª edición dos seus Premios RCE para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentábel.

Se o ano pasado a instititución galega recibía este galardón, que recoñece as mellores iniciativas pedagóxicas a nivel mundial no ámbito da sustentabilidade, polo libro infantil “A mina contamina”, o documentario “San Finx 1960” e dúas unidades didácticas asociadas que explicaban os impactos da minaría de xeito comprensíbel para todos os públicos, este ano a Universidade da ONU decidiu distinguir un espectáculo de monicreques basado no proxecto anterior.

O Centro de Saberes para a Sustentabilidade deciciu producir e tornar público o vídeo do espectáculo a raíz da situación causada pola COVID, que imposibilitou a xira dos monicreques polo país que estaba a ser preparada. Deste modo, ofrécese de xeito gratuito xunto co libro infantil, unidades didácticas e documentario para que familias, centros e colectivos de todo tipo poidan utilizalos para entender mellor as consecuencias ambientais e sociais da minaría, en particular a contaminación por metais pesados.

Este ano, a iniciativa galega foi un dos 9 proxectos de todo o mundo que alcanzaron a máxima categoría de “Proxecto Insignia Extraordinario”, reservado para as propostas máis innovadoras e mellor fundamentadas desde o punto de vista pedagóxico e científico. “A mina cotamina” xa despertou interese noutros lugares do mundo, con iniciativas e solicitudes para traducir os materiais para o inglés, castellano e serbo-bosnio-croata.

Participaron na elaboración deste proxecto do Centro de Saberes para a Sustentabilidade a Fundação Montescola, a produtora cultural Axóuxere, o grupo Barahúnda e a Asociación Bubela de Abuín, contando ademais coa colaboración do Concello de Rianxo, a Rede ContraMINAcción, a Guerilla Foundation e a Plataforma PLADEMAR.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.