Preparado o dispositivo invernal ante as nevaradas previstas para mañá e o venres en Lugo

Manterá despregados un total de 112 operarios e 64 máquinas, e disporá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta para despexar as estradas e favorecer a seguridade viaria

A Deputación de Lugo manterá despregado ao 100% os medios do dispositivo invernal para mañá e o venres ante a previsión de fortes nevaradas a partir dos 600 metros de altitude. Concretamente, a institución provincial porá todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos, á disposición dos veciños e veciñas da provincia, para facer a rede viaria provincial e municipal o máis segura posible durante estes días e atender as incidencias provocadas polo temporal de neve e xeo.

Deste xeito, a Deputación terá despregados un total de 112 operarios e 64 máquinas, e disporá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta, situados estratexicamente noutros tantos concellos da provincia, para conseguir desfacer as placas de xeo que haxa no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

A Deputación recomenda á veciñanza consultar as previsións meteorolóxicas antes de realizar saídas e extremar todas as precaucións.

Foto portada: (arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.