Rematada a ampliación do Cemiterio Municipal de Lugo

“Melloramos o noso cemiterio municipal, un dos poucos do estado cuxa xestión é completamente pública”, afirmou Cristina López

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza visitou o remate das obras de ampliación do Cemiterio Municipal de San Froilán. Cristina López afirmou que  “rematouse unha actuación que era precisa e moi solicitada pola veciñanza”. En total, o Cemiterio Municipal ampliouse con 407 novos nichos, 23 criptas e 140 columbarios para incineracións, o que supuxo un investimento de 307.784,34 €.

Cristina López afirmou que “desde a área de Participación traballamos en mellorar o Cemiterio Municipal, un dos poucos de xestión totalmente pública”, e engadiu é a primeira ampliación do Cemiterio Municipal desde o Xardín dos Recordos, inaugurado no ano 2006”.

Esta ampliación inclúe un novo sistema de recollida de lixiviados, que contará con filtros de carbón activado e depósitos de sosa cáustica, que permitirán neutralizar os residuos orgánicos, e permitirán un maior control das emisións deste tipo de substancias á rede pluvial do Cemiterio.

O actual Cemiterio Municipal de San Froilán substituíu hai 72 anos ás antigas instalacións de Magoi. Cristina López destacou “a versatilidade do deseño de Eloi Maquieira para realizar actividades como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que  o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.