Rubén Arroxo: “O Goberno central segue a discriminar Lugo”

O BNG critica a falta de investimentos para Lugo nestes Orzamentos Xerais do Estado 2021

O Bloque Nacionalista Galego reclamou a falta de investimentos estatais para Galiza nestes Orzamentos Xerais do Estado 2021, na que as máis de 250 emendas presentadas pola organización frontista foron rexeitadas, na que se incorporaban melloras na N-VI polo seu paso por Lugo, Outeiro de Rei e o Corgo, o arranxo en Guntín da N-540 ou estudo da variante ferroviaria en Parga, entre outras.

Rubén Arroxo, voceiro municipal do BNG en Lugo, discrepou a postura afianzada polo executivo español en canto as inversión previstas tanto para a cidade como para a provincia, na que destacou “o Goberno central segue a discriminar Lugo” ao que engadiu “todos os outros territorios aumentan e Galiza baixa un 11%”.

O nacionalista resaltou que “denégasenos o remate da autovía que une Lugo con Compostela, a autovía de Lugo a Ourense, un tren digno que conecte Lugo co resto do país cunha modernización da liña Monforte-Coruña ou o estudo dunha liña que Lugo-Santiago” incidiu Rubén Arroxo.

“O BNG seguirá traballando para defender os intereses da Galiza e iso significa que se poñan en marcha políticas favorábeis ás maiorías sociais e se prevexan investimentos que traten ao noso país de maneira adecuada e non de forma discriminatoria, como de xeito moi evidente se está producindo neste momento” rematou Arroxo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.