Solicitan a suspensión da tramitación da pegada sonora de Alvedro ata “facer os datos accesibles aos afectados”

A lei establece que a información ha de ser clara, intelixible e de fácil acceso

O BNG de Culleredo rexistrou unha solicitude á Dirección Xeral de Aviación Civil, na que reivindica o dereito dos cidadáns á unha información clara, inintelixible e de fácil aceso, polo que solicita que suspenda a actual tramitación da ‘pegada sonora’ do aeroporto de Alvedro ata que se poña a disposición da veciñanza afectada un mapa dixitalizado fusionado co catastro. É dicir, “que o plano de afectación sonora sexa accesible coa superposición das referencias catastrais, o que faría moito máis doado entender se unha propiedade está dentro da delimitación proposta”.

Así o establece a Directiva Europea sobre avaliación e xestión do ruído ambiental, en base á cal o BNG de Culleredo propón o aprazamento das alegacións. “En plena era tecnolóxica e co contexto da pandemia mundial é necesario que as dúbidas poidan ser consultadas utilizando todos os medios dos que dispoñen as administracións. Ademais, os prazos tamén han de ser razoables para que a poboación dispoña de tempo abondo para intervir na defensa dos seus intereses segundo proceda”.

A petición do BNG tamén inclúe que “os datos dixitais se proporcionen en formatos abertos, para facilitar que se poidan elaborar diferentes tipos de planos, con utilidades variadas, segundo as necesidades da cidadanía”.

image.png

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.