Solicitan unha moratoria de tallas en Vigo

Ecoloxistas en Acción denuncia que dende o ano 2009, coincidindo coas inversións do “Plan E” para as denominadas “humanizacións”das rúas de Vigo, van sucedendose na cidade olívica periódicas tallas de árbores en rúas, parques e xardíns. Un trás outro, choupos, tileiras, plataneiros e aligustres foron eliminados consecutivamente das rúas humanizadas en Coia, A Doblada, Areal, rúa Oporto, Jenaro de la Fuente, Venezuela, Alameda e das remodelacións do centro da cidade

O día dos Santos Inocentes de 2020 pasará a historia coma o día no que a histórica Ronda de Don Bosco  de Vigo perdeu totalmente o seu patrimonio histórico natural. Os derradeiros cedros da coñecida praza foron tallados a primeira hora da mañá en aras da seguridade vecinal según as autoridades locais.

O conxunto de árbores da praza fora xa eliminado, caendo outros 2 cedros en xuño como resultado dos recortes realizados nas extensas raíces, que os operarios mutilaron para poder realizar a cementación das obras. Moitos veciños e asociacións daban por perdidos os outros dous cedros que foron apuntalados con estacas para evitar a súa caída.

O comunicado oficial do concello recoñece que as dúas árbores tiñan perigo de desplome pero non asume a responsabilidade ou a responsabilidade da empresa contratada por neglixencia ó non cumplir cos pliegos do contrato para executar o proxecto orixinal, o cal incluían mais zona verde nas infografías e o propio alcalde asegurou que non se eliminarían os 4 cedros históricos.

Dende o ano 2009, coincidindo coas inversións do “Plan E” para as denominadas “humanizacións”das rúas de Vigo, van sucedendose na cidade olívica periódicas tallas de árbores en rúas, parques e xardíns. Sobretodo choupos, tileiras, plataneiros e aligustres foron eliminados consecutivamente das rúas humanizadas en Coia, A Doblada, Areal, rúa Oporto, Jenaro de la Fuente, Venezuela, Alameda, zona centro.

Algunhas veces sustituidos por árbores xoves e cativas, moitas outras veces sustituidos por maceteiros. As benvidas inversións para mellorar a cidade veñen sendo utilizadas para realizar proxectos que deixan de lado a flora urbana e fan desaparecer o patrimonio natural e histórico da cidade dándolle a espalda especialmente ás arbores.

Os colectivos ecoloxistas, culturais e sociais de Vigo vimos avisando que os proxectos deben ter en conta as árbores e buscar as alternativas para manter e potenciar o máximo número de exemplares en rúas, prazas e parques. Os servicios ecosistémicos das árbores urbanas son moi importantes para o benestar e saude dos cidadás e a calidade de vida nas ciudades, influindo sobre o valor de vivendas e establecementos comerciais.

A sombra que regula as temperaturas e fai mais agradable a rúa, a mellora da calidade do aire polas arbores, que contribúen a producir oxíxeno e diminuir a contaminación por fumes, a redución do ruido do tráfico, as propiedades beneficiosas das paisaxes urbás verdes que reducen o estrés e melloran as enfermedades mentais, o ecosistema urbano que suponen para paxaros e a fauna urbana.

Dímonos especial conta durante os tempos da pandemia en 2020, cando as zonas verdes convertíronse en lugares preferidos polos vigueses e viguesas. Atrapados na cidade e coa movilidade reducida, os veciños e veciñas buscamos o parque mais próximo para pasear nun entorno saudable e natural.

No confinamento chamou a atención a floración primaveral, a redución do ruido e a mellora da calidade do aire, o acercamento dos paxaros e o valor dunha fiestra a unha zona verde onde observar árbores e natureza. Unha enquisa internacional promovida polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, indicou que os cidadans tras o confinamento da pandemia valoramos por encima de todalas cousas disponer de xardín ou terraza nas viviendas e árbores ou zonas verdes próximas, con zonas amplias peonís onde cheguemos a pé ou en bicicleta.

Sen embargo, en 2020 asistimos a destrucción masiva de centos de árbores na cidade: Gran Vía (castiñeiros, tilos, olmos, camelios e laranxeiras), Vía Norte, Estación (palmeiras datileiras), Samil (choupos), Manuel Olivié (castiñeiros de indias), Marqués de Valladares (laranxos), Guía (piñeiros), Montero Ríos e Ronda de Don Bosco (cedros do Atlas).

Durante a desescalada, mentras a cidadanía resistía as horas de confinamento nos domicilios, se consumou a talla de 18 grandes árbores no Parque do Catro: cedros do Atlas, cipreses de Lawson, abetos, nogueiras negras, cereixos bermellos, bidueiros e os derradeiros e monumentais carballos americanos.

O proxecto de posta en valor da fortaleza levaba por diante parte do patrimonio natural histórico de Vigo a favor da iluminación da muralla. Moitas das árbores taladas os últimos anos están catalogadas e aparecen no “Catálogo das árbores singulares do Concello de Vigo”, publicado en 1999. Éstes exemplares foron catalogados pola súa idade e importancia, formando parte do patrimonio de tódolos vigueses, e non son sustituibles por árbores de viveiros.

De forma incomprensible, os dirixentes municipais aluden a supostos “informes técnicos” que avalan que as árbores se atopan en mal estado, enfermas e que constitúen un risco para seguridade cidadá. Estes comunicados do Concello aparecen “a posteriori” tras as queixas e lamentos de veciños e asociacións. Casualmente, as árbores enfermas con perigo de derrumbe moitas veces coinciden coas rúas onde se está a executar obras dalgún proxecto.

Sempre se promete repoñer con novas árbores e cando se fai, se plantan árbores xoves e diferentes. O que non se pode repoñer son os servicios que daban as árbores adultas retiradas e a relación e vínculos humanos da veciñanza cas árbores. En moitas rúas as árbores e xardíns foron sustituidos por maceteiros, que según datos do Concello ocupan 11.000 metros cadrados e obrigaron a multiplicar o presuposto local adicado a conservación de xardíns en 2020.

Dende Ecoloxistas en Acción pensamos que as rehabilitacións en ningún caso deben eliminar ou poñer en perigo o patrimonio natural nin xustificar unha tala continua e sen fin de árboles urbanas. A pérda de árbores incrementa a insolación, empeora a calidade do aire e extingue a fauna e flora urbans que dependen das árbores.

Os cidadás debemos axudar a reducir os efectos perxudiciais do cambio climático contra el que toda la sociedad, incluido el gobierno local, debe loitar de forma decidida e unida. O Concello está obrigado a xustificar a eliminación das árbores proporcionando ós colectivos que as reclaman os informes técnicos. E sobretodo está obrigado a buscar alternativas adaptando os novos proxectos ó patrimonio natural existente na cidade.

En xuño de 2020, Ecoloxistas en Acción de Vigo presentou o seu plan de “Cinco propostas para unha nova política de conservación das zonas verdes e a restauración do Parque do Castro mediante a creación dun Bosque Urbano”:

  • Política integrada de respeto ó medio ambiente da cidade de Vigo, apostando polas áreas verdes en parques e rúas e apostando pola reducción do uso de tratamentos químicos.
  • Plan de manexo e conservación da flora e fauna das zonas verdes do casco urbano de Vigo.
  • Reforestación do Parque do Castro para convertilo no “Bosque Urbano de Vigo” no que se reforesten árbores autóctonas onde se talaron árbores e sustituindo ós piñeiros.
  • Pacto verde no que se priorice a conservación das zonas verdes do casco urbano e se melloren as zonas verdes periféricas e os parques forestais.
  • Eliminación total dos coches e aparcamento no Paseo Rosalía de Castro, priorizando o uso do Parque do Castro para peóns e ciclistas.

En 2021 é necesaria unha folla de ruta na que se poña en valor a biodiversidade urbana e se adiquen esforzos a realizar proxectos que potencien unha cidade mais humana, ecolóxica e saudable onde a mobilidade peonil, a calidade do aire e a calidade de vida sexa a prioridade.

Dende Ecoloxistas en Acción de Vigo solicitamos ó alcalde e concelleiros do Concello de Vigo transparencia e información. É necesario que coma outras grandes ciudades o Concello permita a participación da cidadanía e escoite a opinión dos colectivos ecoloxistas.

Vigo reduce cada vez mais o seu arbolado na zona urbana, quedando moi lonxe da cantidade e calidade das árbores nas outras capitais galegas. E na zona das parroquias extraurbanas as cousas non están marchando ben, se poderían ampliar os parques forestais e falta reforestar con especies autóctonas para construir o prometido cinturón verde de Vigo de protección de lumes forestais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.