Solidariedade, emprego e economía verde, bases do “Pacto Social” que impulsan Deputación de Ourense e Viaqua

A Deputación de Ourense e Viaqua, a través de AquaOurense -empresa encargada de realizar asistencias técnicas coas entidades locais da provincia de Ourense relacionadas co ciclo integral da auga e medio ambiente-, poñen en marcha o desenvolvemento dun “Pacto Social” que aposte pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde para a provincia. 

Desta maneira, Ourense é a primeira provincia de España en adherirse a esta iniciativa que ratificaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral de Viaqua, Julio Masid, no encontro que mantiveron no Pazo Provincial, salientado que o obxectivo “é contribuír á recuperación económica cun modelo de xestión da auga que mellore a calidade de vida e protexa ás persoas, especialmente ás máis vulnerables, un modelo, baseado no compromiso local, que promoverá a reconstrución verde e a innovación, favorecendo a evolución cara uns municipios ourensáns sostibles e resilientes, a través do desenvolvemento de iniciativas concretas”, explica Manuel Baltar. 

O presidente do goberno provincial avanza que nos próximos meses “AquaOurense, da man da Deputación e do tecido social e empresarial da provincia, traballará na definición dun plan de acción para a posta en marcha de mesas de traballo, que englobarán iniciativas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, marcados dentro da Axenda 2030”.  

Dado que é clave o compromiso de todos os actores locais: cidadáns, administracións, entidades sociais e empresas, estas mesas estarán formadas por responsables públicos, representantes sociais e empresariais da provincia e profesionais de Viaqua e da Deputación de Ourense.  

“Seguiremos progresando protexendo os logros do noso estado de benestar se todos os axentes acordamos conxuntamente novas condicións”, dixo Baltar. E, nesta liña, Julio Masid destacou que “a nosa proposta como compañía vai encamiñada a impulsar un pacto social estable, que garanta unha reconstrución económica sostible e que achegue seguridade e confianza á cidadanía”.   

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.