Un programa de canguraxe para apoiar ás familias

A concelleira Yoya Neira sinala que “a iniciativa municipal Canguros COVID Concilia nace co obxectivo de dar resposta á atención a menores confinados por un posible un posible contacto de corovanirus durante a xornada laboral mentres as persoas responsables acoden aos seus postos de traballo”

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello de A Coruña, lanza o programa Canguros COVID Concilia para apoiar as familias no coidado e apoio educativo das nenas e nenos en situación de illamento preventivo derivado dun posible contacto de COVID-19 que teñan que estar en confinamento domiciliario por indicacións de saúde. Desde a concellería aseguran que se trata de atender situacións xeradas por peches de aulas; confinamentos por ser contacto estreito, con PCR negativo e carácter preventivo; e se non hai máis remedio, peches de colexios ou garderías.

A concelleira Yoya Neira sinala que “a iniciativa municipal Canguros COVID Concilia nace co obxectivo de dar resposta á atención a menores confinados por un posible un posible contacto de corovanirus durante a xornada laboral mentres as persoas responsables acoden aos seus postos de traballo”. Nestas situacións, as persoas responsables do/a menor non son confinadas co que a consecuencia inmediata é que a crianza pódese quedar no domicilio sen ningún tipo de coidado e apoio en especial en todas aquelas unidades familiares en situación de vulnerabilidade social.

A iniciativa ofrece os seguintes servizos:

Servizo de coidado dirixido a menores de entre 4 meses e seis anos: ofrécense coidados e atención a estes menores no seu propio domicilio. Con carácter xeral o servizo prestaríase entre as 7:30 horas e as 22:00 horas. Con carácter extraordinario, debidamente xustificado tecnicamente ampliaríase ata as 23:00 horas.

Servizo de apoio educativo dirixido a menores de 6 a 12 anos: ademais dos coidados incluiríase o apoio educativo para poder seguir o curso escolar de maneira telemática ou a través da remisión de deberes ao centro escolar, prestando tamén apoio a problemas derivados do acceso ás plataformas educativas. Con carácter xeral o servizo prestaríase de 7:30 a 22:00 horas. Con carácter extraordinario, debidamente xustificado tecnicamente, ampliaríase ata as 23:00 horas.

En todo caso, para o acceso a ambas as tipoloxías de servizos será necesario que o ou a menor conte cunha PCR negativa.

Toda a información sobre este servizo pódese consultar no portal web municipal de Igualdade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.