Unha senda ciclista para Cambre

A Deputación de A Coruña está a buscar financiación para unha senda ciclista entre A Coruña e Santiago que empregaría tramos da xa existente entre Abegondo e Cecebre, atravesando o municipio cambrés
Esta noticia podería ser o impulso para que a senda que xa existe sexa mantida, “por fin, como se merece e como a veciñanza esixe” declaran dende Alternativa dos Veciños. Ampliando os espazos verdes e recreativos ao aire libre que tanto reclaman veciños e veciñas do municipio. Mellorando o atractivo patrimonial e turístico da vila.
Alternativa celebrou esta noticia e espera que “dende o Concello de Cambre se poña a plena dispoñibilidade para que este proxecto vexa a luz”.