Valentín González Formoso agradece “a dedicación e compromiso” do persoal da Deputación durante o ano da pandemia

“Tivemos que afrontar o reto de adaptarnos a unha situación excepcional e estivemos á altura das circunstancias”, afirma o presidente no seu mensaxe de Nadal ás traballadoras e traballadores da institución

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, enviou hoxe o seu tradicional mensaxe de Nadal ás traballadoras e traballadores da institución provincial, aos que agradeceu, en nome de toda a corporación “o seu esforzo, dedicación e compromiso para enfrontar o reto de adaptarnos a unha situación tan excepcional como a que vivimos este ano e estar á altura das circunstancias”.

Nun salón de plenos vacío este ano, no que estivo acompañado unicamente dos portavoces dos grupos políticos representados no hemiciclo, o presidente emitiu unha breve mensaxe, que foi seguida polos funcionarios vía streaming a través dos seus ordenadores.

González Formoso comezou a súa intervención cunha lembranza para as miles de  vítimas que deixa a pandemia da Covid-19 e unha mensaxe de ánimo para as familias que atravesan momentos de dificultade e incertidume.

O presidente agradeceu a dedicación e profesionalidade dos traballadores e traballadoras dos distintos servizos e repasou algunhas das medidas postas en marcha desde a Deputación para loitar contra a pandemia: desde medidas puntuais como a posta en marcha dun hotel para persoal sanitario na Residencia Universitaria Elvira Bao ou a construción dun punto de apoio para transportistas en Sabón durante o confinamento á creación de novos plans dotados con millóns de euros para  reforzar os servizos sociais nos concellos e axudar as pemes e autónomos a manter o emprego e paliar as graves consecuencias económicas da crise.

“O 2021 chega coa esperanza da vacina, virán mellores tempos. A nós tócanos seguir traballando para non deixar a ninguén atrás no ámbito da protección social, no ámbito da creación de emprego. Imos a seguir esixindonos o mellor de nós mesmos para continuar sendo unha administración ao servizo da cidadanía, tamén en tempos excepcionais”, concluíu.

Tamén o deputado Xose Luís Penas agradeceu “o esforzo importante” do persoal da Deputación durante este ano difícil e expresou a súa esperanza de que 2021 sexa un ano con mellores novas para todos e todas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.