Vilalba cribará con PCR a máis de 400 estudantes e traballadores de servizos esenciais pola elevada incidencia de asintomáticos por COVID-19

 Máis de 400 persoas sométense desde a semana pasada a un cribado con PCR no Concello de Vilalba para detectar novos casos positivos de Covid-19 e cortar a cadea de transmisión do virus no municipio

A Consellería de Sanidade xa realizou a semana pasada probas PCR ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Vilalba e hoxe continúa co cribado entre o alumnado de primeiro e segundo de Bacherelato do IES Basanta Silva.

A realización deste cribado responde á elevada incidencia de casos asintomáticos de coronavirus en Vilalba.

Realizaranse tamén probas ao alumnado do centro Lois Peña Novo e a todos os traballadores e traballadoras de servizos esenciais, como Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, taxistas e persoal do centro ocupacional.

O Concello de Vilalba agradece a colaboración de todas as persoas ás que se lle realizan as probas, “que teñen como único obxectivo mellorar a situación santaria no municipio”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.