Xornada solidaria da Escola Balonmán Xiria

Coa chegada do inverno e ante a crise sanitaria actual, a necesidade de axudar ás familias máis vulnerables faise máis importante e urxente. Por este motivo, Escolas Balonmán Xiria organizan unha xornada solidaria en favor de Cruz Vermella Carballo o sábado 19 de decembro de 2020 na Praza do Mercado Municipal de Carballo

As doazóns poderán entregarse o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Segundo nos comenta Roberto Mallo, presidente da entidade en Bergantiños: “Nestes meses aumentou o número de familias que se achegan a nosa entidade a solicitar axuda para cubrir as súas necesidades básicas; principalmente os productos que neste momento máis precisamos para cubrir estas demandas son os de hixiene infantil (cueiros, toalliñas…), así como de hixiene familiar (xel, champú, …). En canto aos
productos de alimentación, son as conservas de verduras, de pescado (atún, sardiñas,…), aceite e leite, posto que son os máis esquecidos nas donacións e permiten que os lotes que se lle entregan as familias estén máis equilibrados. “

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.