A cabalgata dos Reis Magos visitará todas as parroquias de Oleiros

O vindeiro martes 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros

A saída da comitiva real está prevista para as 16:00 horas, iniciando o percorrido na parroquia de Nós para seguir por Iñás, Lorbé, Dexo, Serantes, Maianca, Dorneda, Santa Cruz, Perillo, Montrove e Oleiros.

Os horarios aproximados previstos de paso dos Reis Magos son os seguintes:

16:15 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido

16:30 H – Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós

16:40 H – Avenida Espoz y Mina

16:45 H – Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás

16:50 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza

17:10 H – O Couto, Rúa do Golfiño

17:20 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo

17:30 H – Rúa Doutor Fleming

17:40 H – Paseo de Mera

17:50 H – Canide, avenida Palestina

17:55 H – Avenida República Arxentina, Breixo

18:05 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo

18:15 H – Rúa Viñas de Babilonia

18:20 H – Avenida Concepción Arenal

18:25 H – Avenida Che Guevara

18:35 H – Rúa O Miradoiro, Avenida da II República

18:40 H – Avenida Rosalía de Castro, Biblioteca Rialeda

18:50 H – Rúa Darwin, Rúa Linneo, Avenida de Santa Cristina

19:05 H – N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)

19:10 H – Urbanización O Seixo

19:20 H – Avenida Rosalía de Castro

19:30 H – Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos

19:40 H – Avenida Francisca Herrera

19:45 H – Casa do Concello, Praza da Rabadeira

Para evitar aglomeracións non se realizará ningunha parada. O Concello solicita a colaboración de todos os cidadáns para manter as distancias e agardar nas beirarrúas, sen invadir a estrada en ningún momento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.