A Cátedra de Protección Civil da UDC e a Federación Galega de Fútbol traballan nun protocolo específico para a volta ás competicións na comarca de Ferrol

A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias e a Delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol veñen de crear un grupo de traballo para adaptar o protocolo para a volta á actividade futbolística federativa aprobado recentemente pola Xunta de Galicia ás condicións particulares desta práctica deportiva nos concellos da Comarca de Ferrol

Tal e como explica o coordinador da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, Daniel Lorenzo Mirón, entre os contidos a abordar neste novo documento destacan os protocolos e as normas para a organización dos horarios dos adestramentos e das competicións, o recibimento dos deportistas, o acceso e a saída das instalacións así como o acceso do público ás gradas das distintas instalacións deportivas. Dado que a situación sanitaria non é homoxénea no conxunto da Comarca, o documento contemplará normas para aplicar en función das restricións vixentes en cada momento e en cada un dos concellos que a integran.

Na redacción deste protocolo específico para a volta aos adestramentos e mais ás competicións de fútbol na Comarca de Ferrol participan o coordinador da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, Daniel Lorenzo Mirón, o presidente de Delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol, Abrahan Yáñez, o coordinador de Seguridade do Concello de Ferrol, Santiago Troitiño, e o responsable de Prevención do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) do Concello de Narón, Simón Cabarcos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.