A Deputación de Lugo achega a APNED 10.000€ para a atención a máis de 30 nenos e nenas con capacidades diferentes

A institución colabora cos gastos derivados dos servizos ambulatorios a domicilio e para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas e das familias usuarias

A Deputación de Lugo colabora coa Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña Lucense (APNED) a través dun convenio no que a institución achega ao colectivo 10.000 euros para axudar no financiamento dos gastos derivados do servizo ambulatorio, coidados que reciben os usuarios e usuarias nos seus propios fogares.

O Presidente, José Tomé Roca, subliñou o “compromiso e a aposta decidida da Deputación para garantir medidas que melloren a calidade de vida e benestar dos 32 nenas e nenos con capacidades diferentes que integran este colectivo da Mariña, así como das máis das 60 familias que o forman”.

Coa posta en marcha deste servizo de ambulatorio preténdese dotar ás familias de recursos, hábitos e habilidades, para que pouco a pouco os nenos e nenas adquiran estratexias que supoñan o desenvolvemento de capacidades para o desenvolvemento da súa vida cotiá, así como os medios para que poidan entenderse e comunicarse cos seus fillos. Con este servizo abarcan toda a comarca da Mariña.

APNED

A Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña Lucense é un  colectivo sen ánimo de lucro, creado no ano 2001 por pais e nais de nenos e nenas con capacidades diferentes que ofrece, a día de hoxe, atención individualizada a usuarios de concellos mariñáns. Este colectivo creouse co fin de dar un servizo de atención e integración nun contexto ordinario, traballando na súa autonomía e en aspectos relacionados coa vida diaria. APNED ofrece atención, integración e apoio a todo tipo de usuarios con capacidades diferentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.