A provincia de Lugo se prepara ante un fin de semana de frío e fortes xeadas

A Deputación de Lugo manterá despregados un total de 112 operarios e 64 máquinas, e disporá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta por toda provincia para despexar as estradas e favorecer a seguridade viaria

A Deputación de Lugo manterá despregado ao 100% os medios do dispositivo invernal para esta fin de semana ante a previsión de frío e fortes xeadas, provocadas polo temporal Filomena. Concretamente, a institución provincial porá todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos, á disposición da veciñanza da provincia, para facer a rede viaria provincial e municipal o máis segura posible durante estes días e atender as incidencias provocadas polas extremas condicións meteorolóxicas.

Deste xeito, a Deputación terá despregados un total de 112 operarios e 64 máquinas, e disporá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta, situados estratexicamente noutros tantos concellos da provincia, para conseguir desfacer as placas de xeo que haxa no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

Dende principios de decembro, a Deputación leva comprado xa unhas 800 toneladas de sal, que esparexeu na rede viaria provincial e que tamén facilitou aos concellos da provincia que o precisen, previa solicitude.

Neste senso, a institución provincial lembra que todos os concellos que necesiten abastecerse de fundentes por razóns de urxencia deberán dirixir unha solicitude previa ao coordinador de emerxencias da rede viaria provincial co obxectivo de dar unha resposta eficaz e axeitada a cada unha das peticións, así como facer un control ordenado dos recursos.

A Deputación de Lugo recomenda á cidadanía consultar as previsións meteorolóxicas antes de realizar saídas e extremar todas as precaucións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.