A Xerente de SEA e o Alcalde da Cañiza estudian a posibilidade de desenvolvemento de solo industrial na localidade

A Xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, e técnicos da entidade desprazáronse á Cañiza (Pontevedra) para coñecer a situación de chan industrial e empresarial na localidade

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, acompañada de técnicos da entidade dependente do Ministerio de Transportes a través de SEPES, desprazouse este luns ata o concello da Cañiza (Pontevedra), en cumprimento do compromiso acadado en decembro co alcalde, Luís Piña, para analizar e coñecer a situación de solo industrial na localidade e a posible existencia de demanda empresarial.

A xerente de “SEA” realizou unha primeira visita institucional ao Concello, acompañada do alcalde e dos edís da corporación e procedeu a asinar no Libro de Honra municipal. Na recepción institucional participaron concelleiros de goberno, ademáis do director comercial, José Rey Hermida.

A continuación, e co obxectivo de coñecer de xeito concreto a situación empresarial da localidade, desprazáronse ata as áreas industriais de Ribadil I, Ribadil II e Parque Uceira e a posibles ubicacións para o desenvolvemento de chan tanto industrial como empresarial.

A reunión xurde do interese amosado polo rexedor en mellorar a oferta industrial do municipio, ante a súa situación próxima tanto a Vigo como Ourense e a cercanía a Portugal e enmárcase nas xestións que está a realizar a actual xerente no marco da estratexia de expansión que está a impulsar a entidade “Suelo Empresarial del Atlántico”.

Neste senso, Beatriz Sestayo lembrou que na actualidade “SEA” xestiona 13 polígonos empresariais en Galicia, nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. No caso de abordar o desenvolvemente de novos proxectos estarán rexidos por principios de demanda real e ubicación, así como a implicación da propia administración local.

Dende “SEA” valorarase esta actuación, conforme aos principios esenciais da existencia dunha demanda empresarial e unha ubicación óptima co obxectivo final de contribuir ao “desenvolvemento socio económico de Galicia”, incidiu Sestayo.

“Hoxe contrastamos a ubicación estratéxica da Cañiza, así como a claridade do proxecto do Concello no desenvolvemento socio económico da zona. O Concello remitirá en breve un estudo detallado que valoraremos dende a convicción de que é un lugar enormemente interesante e de expectativa para a creación de riqueza e emprego”, expuxo Beatriz Sestayo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.