A Xunta valora as accións da Federación de Veciños Lucus Augusti a prol da recollida selectiva nas zonas rurais

O delegado territorial da Xunta e a directora xeral de Calidade Ambiental cecen da man desta agrupación as futuras liñas de actuacn, entre elas, a eliminación de vertedoiros incontrolados

A directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, valorou esta mañá as accións desenvolvidas pola Federación de Veciños Lucus Augusti no marco dunha campaña centrada na reciclaxe o no coidado do medio ambiente, nas zonas rurais, que contou co respaldo da Xunta de Galicia. Esta reunión, á que asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, serviu para que os representantes da directiva da citada agrupación, que aglutina a 300 asociacións de Lugo e da súa provincia, lembraran as actuacións realizadas ao longo do último ano, tales como charlas de concienciación, campañas de recollida de plásticos agrícolas, uso adecuado de colectores ou fomento da reciclaxe.

Ademais, Sagrario Pérez e Javier Arias puideron coñecer de primeira man as novas liñas de actuación que quere abrir este colectivo e que se centrarán na eliminación de vertedoiros incontrolados e na elaboración dun mapa de instalación de colectores en puntos específicos das zonas rurais. Así o expuxo o presidente desta federación, Jesús Vázquez, acompañado polos tamén directivos Fernando Rois e Luís Abel.

Outras iniciativas xa realizadas e que pretenden continúen formando parte desta ampla campaña de concienciación sobre a prevención dos impactos ambientais, serán os obradoiros de recollida selectiva, programas de hortos ecolóxicos en colaboración con colexios lucenses e celebración de exposicións. Ademais, destacaron de forma moi especial a necesidade de seguir adiante coa campaña de sensibilización sobre a reciclaxe das máscaras e luvas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.