ANPA do CEIP de Baamonde. Entregadas máis de 3.000 firmas no rexistro do Concello de Begonte, e telemáticamente ante a Consellería de Educación

No día de hoxe a ANPA e a A.VV. fixemos entrega de “3153 firmas” no rexistro do Concello de Begonte, e telemáticamente ante a Consellería de Educación.

  • 124 páxinas nas que constan 1614 firmas de forma manuscrita.
  • 32 páxinas con 1274 firmas “online”

Ademais, acompañamos dous escritos.

Ó Concello

Destacamos estes fragmentos:

O colexio fixa poboación e da servizo a moitas zonas da rural. No caso do colexio de Baamonde, a toda a contorna de Bóveda, Pacios, Carballido (Begonte), Soexo (Vilalba) e Pígara (Guitiriz).

Non estamos en contra da escola de música / conservatorio / auditorio, o cal pode ter varias opcións. Dende a convivencia, xa que o uso das instalacións sería en distintas franxas horarias, ata a utilización dun dos edificios, ou a construción dun novo en terreos contiguos ou achegados (algúns dos cales, ben sabe vostede, que llos ofrecen gratuitamente)

Á Consellería

O pasado mércores 13, celebrouse unha Xunta de Persoal na que asistiron STEG, CIG, CCOO, FETE-UXT, ANPE e CSIF; incorpóranse o inspector xefe en funcións e a Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación.

“Intervén o inspector xefe e a Xefa Territorial; afirman que o peche da escola de Baamonde non sería negativo, pois só hai dez minutos ao de Begonte, onde estarían mellor atendidos polo número de profesorado que terían e que, doutra banda, gañaríase unha escola de música alí da que agora non dispoñen. Din que é probábel ademais que o alumnado de Pígara non vaia ir a Baamonde, co cal a previsión de futuro é reducida en canto a número de alumnado para este centro.

Ante estas declaracións manifestamos:

O colexio de Baamonde funciona de maneira exemplar, conta con un número suficientes de alumnos e coa unificación o único que imos conseguir é aumentar o ratio alumno/mestre, e por tanto un trato menos individualizado.

O insistente discurso de que no colexio de Baamonde se da un mal servizo é unha falla de respecto aos profesionais docentes e as crianzas.

As instalacións do colexio de Baamonde están en mellores condicións e son máis amplas que as do colexio de Begonte.

A apostila sobre o alumnado de Pígara é falsa e só busca a división. Tanto as nais e pais, como a propia alcaldesa de Guitiriz apoian a continuidade do colexio de Baamonde.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.