As palabras do ano distinguirán unha rúa de Lugo

Rubén Arroxo: “Queremos seguir mellroando as rúas da cidade ao mesmo tempo que poñemos en valor a lingua galega”

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que desde as áreas da Tenencia de Alcaldía se decorará unha rúa da cidade coas distintas palabras do ano escollidas desde o 2014. Rubén Arroxo afirmou que “con esta iniciativa queremos seguir coa mellora as rúas da cidade ao mesmo tempo que poñemos en valor un símbolo tan importante como a lingua galega”.

Desde o goberno municipal queremos seguir avanzando no vindeiro ano mellorar a imaxe de Lugo”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “intervir nos distintos espazos públicos son o primeiro paso para conseguir este obxectivo”. Arroxo destacou actuacións realizadas durante este ano polas distintas áreas da Tenencia de Alcaldía, “como o festival de arte Culturban, que nos permitiu desfrutar de intervencións artísticas variadas a pé de rúa, facendo de Lugo un lugar vangardista, participativo e amable”.

O Tenente de Alcalde adiantou que “esta actuación enmarcarase nas datas próximas ao Día das Letras de 2021”. As distintas palabras situaranse insertadas no pavimento dunha rúa emblemática e acompañaranse do ano no que forón distinguidas. Para a inserción utilizarase un material duradeiro e que permita unha visibilidade sinxela do texto.

Palabra do Ano

A escolla da Palabra do Ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

As seis palabras do ano escollidas até o de agora son: corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño e Nós.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.