Benestar Social abre unha nova convocatoria de actividades socioculturais en liña e gratuítas

As clases, que se impartirán desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio, “son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial”, sinalou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira

O Concello de A Coruña, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, oferta unha nova convocatoria de actividades socioculturais dos centros cívicos municipais a disposición da veciñanza. As materias impartiranse exclusivamente en liña, como medida preventiva de contaxios da Covid-19, desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que “polo de agora só podemos abrir a modalidade en liña destas actividades, que son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial”.

A través da canle de YouTube “Coruña Acompaña” ofreceranse 18 actividades socioculturais de luns a venres en formato vídeo para que a cidadanía poida seguir desfrutando deste programa desde os seus fogares sen poñer en risco a súa saúde. As actividades subidas nesta canle serán da seguinte tipoloxía:

– Actividade física: de cara a combater o sedentarismo, ofrécense actividades como pilates, ioga, taichí moderno, ximnasia funcional, corpo en forma e control do movemento.

– Actividades de expresión corporal: swing, danza do ventre para facer exercicio ao ritmo da música.

– Novas tecnoloxías: programación creativa, un taller destinado a programar e coñecer os recursos que as novas tecnoloxías nos brindan.

– Actividades de expresión plástica: debuxo manga ou diver-manualidades, para experimentar diferentes técnicas e materiais.

– Estimulación cognitiva: potencia a túa mente, unha proposta de traballo en liña con vídeos de exercicios e materiais didácticos descargables para exercitar a mente e a memoria.

– Idiomas: inglés lúdico, inglés para principiantes ou Lingua de Signos Española (LSE) para aprender novas competencias comunicativas e gramaticais.

– Habilidades domésticas: cociña en familia, cociña temática: tuppers saudables, repostería para aprender novas receitas sen moverte da casa.

Actualmente, esta canle de YouTube conta con 143.500 visualizacións e 1.318 subscritores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.