Bouza de Miguel en Arbo, unha área recreativa para pasar un día de diversión en familia

Rematadas as obras da Área Recreativa de Bouza de Miguel

A Área recreativa Bouza de Miguel, situada nun lugar privilexiado dendê donde se pode ver o río Miño, atrae numerosas persoas deseosas de disfrutar da natureza e o aire libre, un lugar oonde os mais cativos poderán realizar todo tipo de atividades ao aire libre e os maiores relaxarse é disfrutar das vistas e a tranquilidade.

O Concello de Arbo coa colaboración da Deputación de Pontevedra acometia as obras de mellora no Parque Forestal “Bouza de Miguel”.

Esta actuación supuxo unha inversión de 31.212,88 € e a zona obxecto das obras esta situada no lugar de Bouza de Miguel, parroquia de Santa María de Arbo, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra  e remataron a passadas semanas.

“A mellora do Parque Foresta de Bouza de Miguel, supón unha mellora medioambiental e do uso público do parque Forestal, que permitira aos veciños e veciñas de Arbo unha zona de ocio e para os visitantes que durante o ano visitan Arbo, ter un motivo máis para achegarse ao noso Concello. Así con este fin, no Convenio asinado coa CMVMC establécese unha cesión mínima para o uso xeral de ditos terreos por cinco anos Informa o rexedor do Concello de Arbo”, Horacio Gil Exposito.

O Concello de Arbo, asinou un convenio coa Comunidade de Montes en Man Común de Arbo, por ser os propietarios dos terreos,  que permite a realización destas actuacións en solo veciñal.

Coa execución realizada preténdese acadar un múltiple obxectivo: a redución do risco de incendi, a mellora da diversidade florística do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga e o uso público, mediante colocación e instalación de diversos elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se sitúa.

Nesta segunda fase proxectouse un novo espazo instalandose un punto de recollida de residuos sólidos, a construción dun Asadeiro, a colocación dunha Fonte, a creación dunha área de aparcadoiro e a Instalación dun Circuíto de Biosaúdables, de características construtivas que os fan integrables neste entorno forestal e a súa promoción coa elaboración de material audiovisual para a promoción do espazo

“Na primeira fase, foron entre outras a implantación de medidas fronte os incendios forestais, a plantación de arbores autóctonos, a eliminación das especies seucaliptus en faixas de defensa primaria, a instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….) e a colocación de  paneis informativos, o parque Forestal Bouza de Miguel será un Área Recreativa para pasar un día de diversión en Familia” – remata o alcalde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.