CCOO pide que «non quede en postureo» a implementación do teletraballo anunciada por Feijóo

O sector da Administración autonómica de CCOO pide que «non quede nun simple postureo» a a maior «énfase» na implementación do teletraballo anunciada onte polo presidente da Xunta de Galicia, co obxectivo de diminuír a mobilidade, a interacción social e a capacidade de contaxio.

O sindicato ten disposición a axudarlle á Xunta «a incrementar esa énfase», pero para iso «cómpre unha nova regulamentación do teletraballo que se basee nunha maior universalización dos colectivos en nun incremento dos días para exercer esta opción».

Desde o sector da Autonómica lamentan que o pacto a que chegou a Xunta coa CIG —único sindicato que lle deu o visto e prace— para modificar a normativa do 2013 «só empeorou a situación», polo que CCOO reivindica a revisión dese «mal acordo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.