Comunicado do Ceesg en relación ao Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19

Dende o Colexio de e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), denunciamos unha vez máis a falta de consideración e recoñecemento da nosa profesión no ámbito da saúde mental

Tras a publicación do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid19 2020-2024, observamos como, unha vez máis, a contribución das e dos profesionais da Educación Social segue sen ser tida en consideración, a pesar de estar presente en diferentes programas, recursos, equipamentos e institucións deste ámbito, a pesar de ser traballadoras esenciais antes, durante e despois da pandemia e a pesar de ser profesionais de referencia para moitas persoas usuarias e familias destes recursos de atención.

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia non se ten en conta para a elaboración dun plan que ten coma pilares fundamentais o acompañamento de persoas usuarias e familias nos procesos de recuperación, as accións comunitarias e o traballo socioeducativo, algo inexplicable.

Por todo o anterior exposto, reclamamos a valoración da nosa profesión neste ámbito, no desenvolvemento do Plan Galego de Saúde Mental de Galicia e nas posteriores revisións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.