Comunicado sobre a orde do 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

A PLATAFORMA GALEGA POLA EDUCACIÓN FÍSICA, A ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE, promovida polo Colexio Oficial de Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia), a Asociación de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas de Galicia (AEXIDEGA) e a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), á vista da ORDE do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

DEMANDA DA XUNTA DE GALICIA:

  1. AXUDAS DIRECTAS E DEMAIS MEDIDAS CONSENSUADAS

Sendo un dos sectores máis afectados polas restricións dende o comezo da pandemia e, actualmente, afectado polos peches temporais de establecementos e actividades, reclamamos que os profesionais, empresas e entidades que prestan servizos de educación física, actividade física e deporte sexan incluídos de xeito específico no segundo Plan de rescate recentemente anunciado pola Xunta de Galicia.

  1. RECOÑECEMENTO COMO ACTIVIDADE ESENCIAL

Que os servizos de educación física, actividade física e deporte prestados por empresas, entidades e profesionais cualificados, sexan recoñecidos como actividade esencial, tendo en conta a evidencia científica acreditada e que a Lei 3/2012 do deporte de Galicia, o considera de interese público (ver Manifesto polo recoñecemento da educación física, a actividade física e o deporte como actividade esencial na loita contra a COVID-19)

Henrique X. Rodríguez Pantín

COLEF Galicia

Presidente

Pedro Iglesias Santos

AEXIDEGA

Presidente

Eduardo Blanco Pereira

AGAXEDE

Presidente

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.