Convenio para a posta en valor do Castelo de Doiras en Cervantes

O Presidente da Deputación de Lugo firmou un convenio de colaboración coa Fundación Xosé Soto de Fión para mellorar e potenciar o monumento, declarado Ben de Interese Cultural (BIC)

A Deputación de Lugo destinará 95.000 euros, repartidos en dúas anualidades, para as obras de conservación e mellora do Castelo de Doiras, en Cervantes. O Presidente, José Tomé Roca, firmou un convenio de colaboración coa Fundación Xosé Soto de Fión  para mellorar e potenciar o monumento, un elemento patrimonial e turístico con gran poder para captar visitantes á comarca dos Ancares e declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

José Tomé explicou que o acordo enmárcase “dentro da nosa aposta por impulsar o turismo interior da provincia e por conservar e poñer en valor o patrimonio cultural. Por iso, financiamos as actuacións que permitan un mellor mantemento do Castelo de Doiras, para poñelo en valor e potencialo como referente turístico”.

Concretamente, faranse labores de limpeza e roza da vexetación, reposición de fiestras, reparación e restitución de escaleiras, portas e drenaxe do edificio, instalación de falsos teitos en madeira e varandas e dotación de novos puntos de luz exterior. Ademais, eliminaranse restos da construción, como azulexos e baldosas, e instalaranse elementos naturais como pedra e madeira.

Por outra banda, este convenio recolle traballos de investigación e divulgación, como a

elaboración dunha memoria informativa; a colocación de paneis explicativos para os visitantes, así como a obriga de establecer uns horarios de apertura ao público, no que haberá un guía turístico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.