Denuncian o vertedoiro situado na parte de atrás da base de Protección Civil de Cambre

Alternativa dos Veciños da voz ás queixas veciñais sobre o vertedoiro situado no terreo municipal situado na parte de atrás da  base de Protección Civil, ao carón do Instituto David Buján e o Polideportivo dos Campóns

Alternativa dos Veciños de Cambre  puido indagar que o terreo esta a ser empregado, polo que parece, como un deposito de vehículos abandonados e materiais de obra do Concello, sen que, en aparencia, cumpra ningunha medida de seguridade ambiental ou para as persoas. O aspecto de degradación que presenta a zona súmanse os actos vandálicos que alí se producen, posto que o acceso é accesible a calquera persoa, xa que está aberto totalmente.

Alternativa salienta a posible perigosidade ante posibles verteduras de aceites e líquidos dos vehículos tendo en conta a proximidade tanto de zoas verdes como do rio Mero (A uns 100 metros).

Alternativa levara a pleno a situación e esixirá coñecer as medidas a tomar polo Concello de Cambre.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.