Denuncian un novo recheo na terminal de Bouzas

Ecoloxistas en Acción e a Asociación pola Defensa da Ría de Vigo “Cíes” demandan á Subdirección General de Evaluación Ambiental que sexa informada negativamente a solicitude do informe de Avaliación Ambiental da Autoridade Portuaria de Vigo para a Ampliación da Terminal de Bouzas ou calquera actuación que supoña a execución de obras de aterramiento na lámina de auga

A Autoridade Portuaria de Vigo pretende ampliar considerablemente a superficie portuaria no que se coñece como Terminal de Bouzas mediante a execución dun aterramento sobre a lámina de auga da ría argumentando unha suposta necesidade de maior superficie de almacenamento de mercadorías, liña e calado de atracada para os buques de transporte de vehículos ou de mercadorías en xeral polo sistema Ro-Ro.

Para estas dúas organizacións ecoloxistas toda a ría de Vigo é un espazo incompatible con obras que levan un alto risco de contaminación, por terras ou modificacións da hidrodinámica da mesma que anula calquera distancia “maior ou menor” dos bancos marisqueiros, pesqueiros, parques de bateas, praias ou as zonas protexidas, enseada de San Simón, Costa da Vela, Parque Nacional Illas Atlánticas, etc. quedando así expostas todas elas por igual tanto as máis próximas como as máis afastadas.

Ambas entidades lembran que a evolución do cambio climático e os seus efectos devastadores que afectan á ría no seu conxunto débenos obrigar a ser máis cautelosos e protectores cos recursos naturais existentes na mesma, toda a ría de Vigo coa súa extraordinaria biodiversidade e fecundidade natural que facilitou os asentamentos humanos ao seu ao redor contribuíndo ao desenvolvemento económico, social e cultural imprescindible para os seus habitantes, así como con aquelas áreas con algún grao de protección como é o caso do LIC (ZEC Enseada de San Simón), dentro da Rede Natura 2.000, ou o Parque Nacional Illas Atlánticas en tramitación para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

O 7 de Deciembre de 2004 a Comisión Europea incluía a Enseada na lista de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) formando parte da Rede Natura 2000, este espazo natural está suxeito á normativa da Directiva 92/43/CEE ou Directiva Hábitats que implica obrigacións para o Estado Español e para a Comunidade Autónoma de Galicia e aínda que os concellos non sexan competentes sobre a Rede Natura, teñen obrigacións regulamentarias sobre a súa conservación abrigo a función de prevención para evitar a deterioración dos hábitats naturais do lugar e a este respecto a Enseada xa está a experimentar os efectos do Cambio Climático polo que se precisan medidas e decisións urxentes pero os proxectos en tramitación pola Autoridade Portuaria de Vigo pretenden converter a ría nun polígono industrial para grandes frigoríficos, unha ameaza inmediata que, segundo a comunidade científica pode conducir ao colapso ecolóxico de toda a Ría de Vigo.

A incerteza xerada pola crise sanitaria combinada coa crise económica que estamos a vivir fai que sexa inaprazable a implantación definitiva do réxime da Rede Natura na Enseada de San Simón para garantir a súa biodiversidade, a fecunda produción pesqueira e marisqueira, o desempeño como amortiguador do cambio climático e a función de espazo de esparexemento, cultura e deporte. Saúde e economía son dous parámetros da vida que agora mesmo están en situación de emerxencia, convén afrontar o proceso de reconstrución en unión e harmonía coa natureza que é o xerador de riqueza, desenvolvendo iniciativas a nivel estatal, como xa se está facendo, que agrupan personalidades políticas de todos os ámbitos institucionais, intelectuais, organizacións empresariais, sindicatos, concellos e organizacións ecoloxistas que se pronuncian pola necesidade dunha recuperación económica sostible.

Estas dúas asociacións sinalan que os proxectos da Autoridade Portuaria seguen unha vez máis contribuíndo a unha morte acelerada da ría de Vigo. A súa actitude agresiva en aras da economía, que desatende as propostas cidadás, que priva dos recursos naturais ás xentes que viven do mar, do turismo, a restauración e destrúe o valor da natureza merece un control severo con todo o peso da lei.

Ecoloxistas en Acción e a Asociación pola Defensa da Ría de Vigo “Cíes” recalcan que para que o porto de Vigo siga sendo competitivo e poida mellorar a súa actividade non é preciso seguir ocupando a lámina de auga con novos aterramientos (recheos), máis ben é necesario poñer en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías, que potencie o desenvolvimiento industrial da provincia de Pontevedra conectando os demais polígonos do interior e modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño.

As organizacións ecoloxistas recordan que elas non se opoñen ao progreso sostible do porto pero si a calquera recheo sobre a ría de Vigo e o seu ámbito litoral por significar a necrosis do medio ambiente. Para conseguir mais calado e liña de atracada deben empregarse outras técnicas como a de pilotaxe ou duques de Alba, sistema mais eficaz e menos daniño para o medio mariño que non interferen na dinamica das correntes litorais evitando así un maior dano aos bancos marisqueiros e de pesca que causarían a perda de máis postos de traballo e un dano irreversible á natureza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.