Éxito da iniciativa de alimentos a cambio de libros no Nadal de Tui

Os libros transformáronse durante este Nadal en alimentos no mercadiño solidario organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui en favor dos Servizos Sociais Municipais

Os libros destinados ao expurgo conformaron un mercadillo no que a veciñanza podía escoller aqueles exemplares do seu interese e cambialos por produtos de Nadal e alimentos non perecedoiros.

A acollida brindada polos veciños e veciñas de Tui superou as expectativas iniciais da campaña. Persoal do departamento de Servizos Sociais recolleu estes alimentos e posteriormente os distribuíu entre as familias as que presta axuda, contribuíndo deste xeito a que seu Nadal fose tamén máis doce.

Dende o Concello de Tui agradeceron “a colaboración da veciñanza así coma do persoal da Biblioteca Municipal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.