Gómez Reino esixe a dimisión inmediata da alcaldesa popular de Boimorto por vacinarse contra a Covid

Unidas Podemos exixe a dimisión inmediata da alcaldesa de Boimorto, a popular María Jesús Novo Gómez, tras terse publicado hoxe por parte de eldiario.es que se vacinou contra o coronavirus sen atoparse en ningún dos grupos que están a recibir a vacina.

As explicacións que recolle o xornal e nas que xustifica a súa vacinación como persoal dunha residencia son estrafalarias e absolutamente insuficientes, xa que a rexedora da localidade coruñesa de Boimorto conta con dedicación exclusiva para o cargo público que desempeña.

«Esiximos que dimita inmediatamente e que pida disculpas públicas por ter empregado o seu cargo público para pasar por diante da xente maior do noso país ou do noso persoal sanitario que leva meses en primeira fila loitando contra o virus», sinalou Gómez Reino.

O deputado pregúntalle ademais ao señor Feijóo «se hai máis responsables políticos ou cargos públicos que teñan pasado por diante dos maiores ou do persoal sanitario».

«Está fora de toda ética e compromiso co servizo publicó que en plena terceira ola, cos hospitais colapsados e con toda Galicia confinada, algúns utilicen o seu cargo público para o seu propio beneficio e non os do conxunto da cidadanía», conclúe Gómez Reino.

«A rexidora popular de Boimorto debe dimitir de inmediato», sentenciou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.