Javier Arias aborda con Alar Galicia os programas sociais que desenvolve a entidade en Lugo coa colaboración da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe no seu despacho co director de Alar Galicia, Fernando González Truque, para manter unha primeira toma de contacto co colectivo e abordar os programas sociais que está a desenvolver na actualidade en Lugo coa colaboración da Administración autonómica

Arias explicou que a Consellería de Política Social destina 83.500 euros a Alar Galicia durante o período 2020-2022 para desenvolver o proxecto Mellora, orientado á inserción social e laboral de mulleres en situación ou risco de exclusión.

O delegado salientou a importancia da colaboración entre as administracións e as entidades de inclusión social para chegar aos colectivos máis desprotexidos, especialmente no actual contexto orixinado pola pandemia da Covid-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.