John Wayne cabalga de novo. Por @DulceCorcu

Que Estados Unidos é un país sumido en enormes contradicións sábeo calquera que abra algún xornal de cando en vez. Da tecnoloxía punteira e o liderazgo en investigación, ás profundas pradeiras do atraso e a vida de biblia na mesiña de noite e rifle baixo da cama. Son a mesma nación que no noso Día de Reis esa dicotomía norteamericana atopouse ás portas do Capitolio, onde se tentaba refrendar a vitoria do demócrata Joe Biden nas recentes eleccións e, ao mesmo tempo, a América profunda pretendía impedilo e non precisamente polas boas.

A insólita imaxe dun golpe de Estado en Washington, xusto onde se cocen os que despois son unha realidade noutros países do resto do mundo, percorría televisións e deixaba imaxes arrepiantes de puro grotescas. Desfraces, bandeiras confederadas (a dos derrotados da guerra civil, sempre aparellada ao Sur e ao supremacismo blanco), xente arrincando mobiliario e, sobre todo, un protagonismo especial a un tipo que por uns segundos presidíu esa representativa Cámara con tocado de bisonte e peito descuberto. Nin no mellor western xanqui se tiñan ideado nunca tales secuencias. Non foi nada precisamente espontáneo, senón algo alentado polo case ex presidente Donald Trump, incapaz de asumir que era un perdedor e buscando, coma todo fascista, gañar ás bravas o que non conseguira nas urnas. Nas primeiras horas xa se sabía dunha muller morta por disparos pero, nin así, o aínda presidente foi quen de mandar unha mensaxe institucional dende a Casa Branca pedindo depoñer esas actitudes. O bufón de repente xa non facía tanta graza, e convertiase no peor inimigo dunha democracia que nunca se lle pasou a ninguén pola cabeza que non estivese amplamente consolidada.
Pese aos mortos -catro, a tales horas- e ó violento asalto, Joe Biden, na súa alocución, falou de gravidade, de caos e de actuacións que “raiaban” a sedición. Raiaban, dixo textualmente, mentres en España hai exiliados e condeados por ese mesmo motivo só por poñer urnas. Curiosamente, algúns medios dos que sempre xalearon esas condeas, onte ficaban sorprendidos de que tal cousa poidese acontecer en USA, que non teñen a Podemos nin a ningún comunista á vista. Aínda non saíron da súa estupefación. A policía norteamericana foi un modelo de delicadeza cos asaltantes, nin un rasguño a ningún deles, todos brancos e ben mantidos, xente da que un atopa polas rúas e merece o calificativo de respectable. E como tales había que tratalos, por suposto. Abondou un só día para ver ás dúas américas….para ver unha de vaqueiros en vivo e en directo, sen efectos especiais e sen necesidade de resucitar a John Wayne para deixar claro quen ten que mandar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.