Mellorado o asfaltado da rúa Amizade de Lugo

Rubén Arroxo: «Trátase dunha actuación moi solicitada pola veciñanza da zona, debido ao estado de desgaste que presentaba o firme da rúa»

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou do inicio dos traballos de mellora do asfaltado da rúa Amizade. Rubén Arroxo explicou que «nesta rúa, especialmente no lado oeste do cruce coa rúa Portugal, o estado do asfalto está moi desgastado, o que fai necesario a súa renovación e atender a unha petición moi solicitada pola veciñanza da zona, e na que tratamos de mellorar non só o estado da rúa senon a accesibilidade da mesma».

A solución adoptada consiste na aplicación dunha nova capa de formigón vibrado de 20 cm de espesor, sobre unha capa de saburra artificial tamén de 20 cm de espesor. Para facilitar o acceso ás prazas de estacionamento, habilitarase tamén unha beirarrúa de formigón ruleteado, xunto á edificación existente. No cruce coa rúa Portugal disporase un pavimento diferenciado para facilitar a accesibilidade. Por último, renovarase a sinalización vertical e horizontal. A actuación foi adxudicada por 25.407 € e ten un prazo de realización de 6 semanas.

«Desde a área de Mobilidade e Infraestruturas traballamos a diario na mellora e mantementode todos os barrios», explicou Rubén Arroxo, que engadiu «estas actuacións permítennos mellorar cuestións importantes para as veciñas e veciños, como a accesibilidade ou a seguridade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.