Morre o seleccionador galego de ciclismo

Guillermo Sande Covelo, seleccionador e responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, faleceu este domingo no Hospital de Valdecilla de Santander vítima dun infarto sufrido o sábado mentres se atopaba coa Selección de Galicia no Campionato de España de Ciclocrós en Torrelavega. Hoxe era o día do seu 55 aniversario

Guillermo foise facendo o que máis lle gustaba, traballando a prol do seu deporte. A súa morte provoca un baleiro no ciclismo galego que non se pode expresar con palabras. Levaba preto de 25 anos formando parte do equipo da FGC. Encargábase do seguemento dos corredores, do deseño das carreiras, da coordinación das competicións… E todas as súas responsabilidades sempre as levou a cabo coa máxima humildade, educación e profesionalidade.

Desde a máis profunda consternación, dende a Federación queren transmitir o máis sincero pésame aos seus familiares e amigos. O seu cadáver será trasladado nas próximas horas dende Cantabria ata Vigo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.