O alcalde de Becerreá entregou nun colexio material de prevención do COVID-19 coa simboloxía do seu partido

 Isabel Rubinos avanza que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia rexistrará iniciativas para que a Conselleira de Educación e o Goberno Autonómico clarifique esta anómala situación

A Voceira Socialista de Becerreá, Ana Isabel Rubinos Bolaño cualificou hoxe como “un autentico escándalo e unha actitude inaceptable por parte do Alcalde de Becerreá e de todo o seu Goberno o reparto de material para a prevención do COVID-19 no CEIP San Xoán de Becerreá coa simboloxía do partido político Galicia Sempre”.

A voceira afirma que “este reparto caciquil de material contra o COVID-19 para as alumnas e alumnos do colexio amosa a faciana máis sectaria do Goberno de Manuel Martínez”. “Sabiamos que tiña ansias de poder, pero non coñeciamos esta faceta de adoutrinamento aos máis novos da vila”, advertiu.

Rubinos avanza que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia rexistrará iniciativas para que a Conselleira de Educación e o Goberno Autonómico clarifique esta anómala situación. “Si o Concello de Becerreá ten que aportar material aos alumnos que o faga, estamos de acordo, pero o que non podemos consentir nin compartir e que se reparta esa material coa simboloxía dun partido político, porque os impostos pagámolos todos”, sentenciou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.